mércores, 21 de abril de 2021

Como descargar o meu cadrante?


Para sumarte ao reto comeza por localizar nun plano os topónimos que ti coñeces. Como?

 1º Localiza na lapela IMAXE  cal é o cadrante que desexas descargar (por exemplo: onde vives ti ou os teus avós, bisavós ou bisavoas...)


 2º Logo vai á lapela CADRANTES e escolle o que queiras descargar. Por exemplo o E1 ou o D3. Podes descargalo clicando no que queiras. Espera un momento para que se descargue a foto antes de imprimila.


3º Agora que o tes descargado e impreso xa podes preguntar aos teus maiores na casa cales son os topónimos que coñecen usando ese plano.  Despois debes ir colocándooos no plano (mellor pintando números nunha cor que se distingan ben sobre o papel)  e á vez elabora unha listaxe cos números e os nomes dos topónimos sinalados no plano.  Finalmente trae o teu plano a clase para podelo sumar ao reto de recoller e localizar 1000 topónimos de Marín .