O noso centro no día de onte realizou un acto homenaxe a Elixio Rivas Quintas moi emotivo e aínda que non puidemos contar coa súa presenza a causa da súa avanzada idade fíxonos chegar unha mesaxe dende o Santuario de Nosa Señora dos Milagres de Baños de Molgas no que reside.
No acto organizado polo Equipo de Normalización do San Narciso quixeron estar presentes, ademais dunha representación de alumnos/as e profesores encabezados polo Director do noso centro, autoridades tan relevantes como o Presidente da Real Academia Galega, Victor F. Freixanes, o responsable de Galicia Nomeada Vicente Feijoo e o Secretario Xeral de Politica Lingüistica da Xunta de Galicia, Valentín García, acompañados da Alcaldesa de Marín, María Ramallo, e dos concelleiros de Medio Rural, Pablo Novas, de Cultura Beatriz Rodríguez e do Museo Municipal Torres Itzíar Álvarez.
O acto deu comezo coas palabras de benvida de Antonio Traba, Director do SEI San Narciso ás 12 horas no Salón de Actos, a continuación proxectouse o vídeo que encabeza esta entrada como presentación do proxecto, que logo detallaría Héctor Silveiro como coordinador do ENDL facendo referencia a varias actividades que se foron realizando ao longo do curso dende Infantil a Bacharelato (Onde vivo eu?, o blog Toponimia de Marín, pequenos gravacións caseiras de alumnos do Ciclo e Primaria explicando topónimos, o microprograma Víchelo, miráchelo sobre o Ghaghán, O Telexornal Sei, O Faro da Escola 2021, o gran mapa cos topónimos de Marín realizado na aula de Plástica, etc...). A seguir houbo unha representación teatral preparada para a ocasión polos alumnos/as de 2º da ESO titulada FALANDO DA TOPONIMIA DE MARÍN sobre a historia e os topónimos de Marín.
Finalmente, tras escoitar o saúdo gravado de Elixio Rivas, interviñeron as distintas autoridades presentes, o Presidente da Real Academia Galega, o Secretario de Politica Lingüística da Xunta de Galicia e a Alcaldesa de Marín.
Pola tarde, ás 18.00 horas no Museo Torres realizouse levouse a cabo unha charla por parte de Vicente Feixóo para explicar como funciona e como colaborar na recollida de topónimos no proxecto Galicia Nomeada, unha iniciativa da Academia Galega que conta co apoio institucional da Xunta de Galicia para xeolocalizar os topónimos a través dunha aplicación ben no móbil, ben nun ordenador.
Referencias na prensa e na rede ao acto:
O PORTAL DA LINGUA, da Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
PALABRAS DE ELIXIO RIVAS: 1ª parte: Saúdo / 2ª parte: Toponimia
BREVE REPORTAXE GRÁFICA
Saúdo de D. Elixio Rivas Quintas dende Os Milagres de Baños de Molgas |
Benvida do Director do SEI San Narciso, Antonio Traba.
Palabras do Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia |
Presentación do Proxecto do Coordinador do ENDL |
Intervención do Presidente da Real Academia Galega
|