mércores, 23 de novembro de 2022

Homenaxe a ELIXIO RIVAS da Asociación MontePituco

 

 
As VI Xornadas Xan Montenegro de proxección e posta en valor do Patrimnio de San Xián comezaron coa homenaxe a Elixio Rivas Quintas recentemente falecido. Baixo o lema  Elixo Rivas, raizame das palabras, a`primera das actividades dirixida pola ex-añumna Paz Castro, realizou un percorrido pola biografía e a obra do frade paúl que precisamente  abordou nos anos 60 e durante a súa estancia no Colexio San Narciso (do que foi secretario e profesor) os seus estudos de Filoloxía Romática e que rematou coa presentación da súa tese doutoural sobre a Toponimia de Marín.

 Tras a visualización dunha selección de vídeos tirados dunha entrevista realizada en outubro do 2019 ao homenaxeado tocando distintos aspectos da súa vida e da súa voluminosa obra, o profesor Héctor Silveiro do noso centro como promotor da doación que Elixio Rivas realizou ao Concello de Marín dos dous tomos orixinais mecanografados da súa tese titulada Toponimia de Marín, explicou os detalles daquel evento celebrado tamén no Museo Torres o 25 de xaneiro de 2016.  Pasou logo a detallar a filosofía e os contidos da derradeira homenaxe que en vida de Elixio se levou a cabo no noso colexio e tamén en Marín no transcurso do curso escolar 2020-21 e que xirou ao redor da xeolocalización dos topónimos que tan laboriosamente recollera no seu traballo a través da aplicación  Galicia Nomeada. Esta plataforma institucioanl que promoven a Real Academia Galega e Xunt ade Galicia,  contaba antes de comezar o reto lanzado dende as nosas aulas con 206 topónimos xeolocalizados e a día de hoxe xa supera os 1000, co que se logrou un dos obxectivos  marcados coa actividade, o de chegar a esta cifra. De todos os xeitos o importante traballo didáctico a partir do legado de Elixio continúa e aspira a contaxiar a outros centros escolares do concello, esperando ademais que a administración local remate o labor de dixitalización da documentación que se garda no Museo Torres para facilitar o seu uso e difusión, en pimeiro lugar, entre os e as marinenses, mais tamén aos interesados nos estudos de Toponimia sexan de onde sexan, dado o valor e o carácter de traballo de vangarda que foi no seu día e tendo en conta a especial transcendencia que ten para a cultura galega a toponimia. 

 Unha das mostras do traballo realizado polos nosos alumnos/as desde o noso centro podes coñecela neste enlace

Este acto inaugural tivo o seu eco na prensa local como deixamos constancia:

Faro de Vigo.

Voz de Galicia

 Podes ampliar información no Blog MontePituco

Crónica da charla