mércores, 23 de novembro de 2022

Homenaxe a ELIXIO RIVAS da Asociación MontePituco

 

 
As VI Xornadas Xan Montenegro de proxección e posta en valor do Patrimnio de San Xián comezaron coa homenaxe a Elixio Rivas Quintas recentemente falecido. Baixo o lema  Elixo Rivas, raizame das palabras, a`primera das actividades dirixida pola ex-añumna Paz Castro, realizou un percorrido pola biografía e a obra do frade paúl que precisamente  abordou nos anos 60 e durante a súa estancia no Colexio San Narciso (do que foi secretario e profesor) os seus estudos de Filoloxía Romática e que rematou coa presentación da súa tese doutoural sobre a Toponimia de Marín.

 Tras a visualización dunha selección de vídeos tirados dunha entrevista realizada en outubro do 2019 ao homenaxeado tocando distintos aspectos da súa vida e da súa voluminosa obra, o profesor Héctor Silveiro do noso centro como promotor da doación que Elixio Rivas realizou ao Concello de Marín dos dous tomos orixinais mecanografados da súa tese titulada Toponimia de Marín, explicou os detalles daquel evento celebrado tamén no Museo Torres o 25 de xaneiro de 2016.  Pasou logo a detallar a filosofía e os contidos da derradeira homenaxe que en vida de Elixio se levou a cabo no noso colexio e tamén en Marín no transcurso do curso escolar 2020-21 e que xirou ao redor da xeolocalización dos topónimos que tan laboriosamente recollera no seu traballo a través da aplicación  Galicia Nomeada. Esta plataforma institucioanl que promoven a Real Academia Galega e Xunt ade Galicia,  contaba antes de comezar o reto lanzado dende as nosas aulas con 206 topónimos xeolocalizados e a día de hoxe xa supera os 1000, co que se logrou un dos obxectivos  marcados coa actividade, o de chegar a esta cifra. De todos os xeitos o importante traballo didáctico a partir do legado de Elixio continúa e aspira a contaxiar a outros centros escolares do concello, esperando ademais que a administración local remate o labor de dixitalización da documentación que se garda no Museo Torres para facilitar o seu uso e difusión, en pimeiro lugar, entre os e as marinenses, mais tamén aos interesados nos estudos de Toponimia sexan de onde sexan, dado o valor e o carácter de traballo de vangarda que foi no seu día e tendo en conta a especial transcendencia que ten para a cultura galega a toponimia. 

 Unha das mostras do traballo realizado polos nosos alumnos/as desde o noso centro podes coñecela neste enlace

Este acto inaugural tivo o seu eco na prensa local como deixamos constancia:

Faro de Vigo.

Voz de Galicia

 Podes ampliar información no Blog MontePituco

Crónica da charla

domingo, 25 de setembro de 2022

FALECEU ELIXIO RIVAS QUINTAS


 Lamentamos comunicar que onte 24 de setembro de 2022 falecía en Ourense á idade de 97 anos o irmán paúl Elixio Rivas Quintas, un home moi vencellado ao Colexio San Narciso, do que foi secretario, e, como non, a Marín. Este municipio débelle a este sabio filólogo un profundo agradecemento por consolidar e enriquecer o seu patrimonio espiritual cun laborioso traballo de pescuda e recuperación da rica toponimia que el recompilou. Os voluminosos tomos autógrafos e mecanodgrafados por el durante varios anos nos que desenvolveu esta empresa,  hai uns anos decidiu xenerosamente doalos ao Concello para que se conservasen no Museo Municipal. O libro Toponimia de Marín, fruito da súa tese doutoral, editado pola Universidade de Santiago de Compostela, é un resumo do seu inxente labor sobre os nomes de lugar desta localidade que desde aquí loitaremos por que sexa reditado, dado o seu gran interese para veciños e estudosos.

 Mais non remata aquí o seu labor a prol da cultura do noso. Galicia débelle a este sabio filólogo a recuperación de centos e centos de palabras nunha espléndida obra que supera a vintena de libros sobre lexicografía, vocabularios de distintos aspectos da vida rural moi detallados e rigorosamente documentados.  Pertenceu a distintas entidades como a Comisión de Toponimia de Galicia ou a Real Academia da Historia, da que era correspondente. Foi un home que recibiu en vida diversas homenaxes acordes coa súa valía, mesmo unha humilde que realizamos hai dous cursos no noso centro dedicando o curso enteiro a iniciar no estudo da toponimia ao noso alumnado. Elixio, a causa da súa avanzada idade participou moi agradecido desta homenaxe a través dun vídeo gravado na súa residencia qu epodedes ver neste mesmo blog.  Desde o noso centro lembraremos con cariño e admiración sempre a súa capacidade de traballo e o seu estimulante proceder á hora de seguir facendo chegar o seu legado ás novas xeracións de marinenses. Descanse en paz o noso admirado e querido mestre Elixio Rivas.      

martes, 22 de xuño de 2021

HOMENAXE A ELIXIO RIVAS NO COLEXIO SAN NARCISO



 


O noso centro no día de onte realizou un acto homenaxe a Elixio Rivas Quintas moi emotivo e aínda que non puidemos contar coa súa presenza a causa da súa avanzada idade fíxonos chegar unha mesaxe dende o Santuario de Nosa Señora dos Milagres de Baños de Molgas no que reside. 

 No acto organizado polo Equipo de Normalización do San Narciso quixeron estar presentes, ademais dunha representación de alumnos/as e profesores encabezados polo Director do noso centro,  autoridades tan relevantes como o Presidente da Real Academia Galega, Victor F. Freixanes, o responsable de Galicia Nomeada Vicente Feijoo e o Secretario Xeral de Politica Lingüistica da Xunta de Galicia, Valentín García, acompañados da Alcaldesa de Marín, María Ramallo, e dos concelleiros de Medio Rural, Pablo Novas, de Cultura  Beatriz Rodríguez e do Museo Municipal Torres Itzíar Álvarez.
 
O acto deu comezo coas palabras de benvida de Antonio Traba, Director do SEI San Narciso ás 12 horas no Salón de Actos, a continuación proxectouse o vídeo que encabeza esta entrada como presentación do proxecto, que logo detallaría Héctor Silveiro como coordinador do ENDL  facendo referencia a varias actividades que se foron realizando ao longo do curso dende Infantil a Bacharelato (Onde vivo eu?, o blog Toponimia de Marín, pequenos gravacións caseiras de alumnos do Ciclo e Primaria explicando topónimos, o microprograma  Víchelo, miráchelo sobre o Ghaghán, O Telexornal Sei, O Faro da Escola 2021, o gran mapa cos topónimos de Marín realizado na aula de Plástica, etc...). A seguir houbo unha representación teatral preparada para a ocasión polos alumnos/as de 2º da ESO titulada FALANDO DA TOPONIMIA DE MARÍN sobre a historia e os topónimos de Marín.



 Finalmente, tras escoitar o saúdo gravado de Elixio Rivas, interviñeron as distintas autoridades presentes, o Presidente da Real Academia Galega, o Secretario de Politica Lingüística da Xunta de Galicia e a Alcaldesa de Marín.

Pola tarde, ás 18.00 horas  no Museo Torres realizouse levouse a cabo unha charla por parte de Vicente Feixóo para explicar como funciona e como colaborar na recollida de topónimos no proxecto Galicia Nomeada, unha iniciativa da Academia Galega que conta co apoio institucional da Xunta de Galicia para xeolocalizar os topónimos a través dunha aplicación ben no móbil, ben nun ordenador. 

Referencias na prensa e na rede ao acto:

O PORTAL DA LINGUA, da Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.


PALABRAS DE ELIXIO RIVAS: 1ª parte: Saúdo / 2ª parte: Toponimia




 BREVE REPORTAXE GRÁFICA 

Saúdo de D. Elixio Rivas Quintas dende Os Milagres de Baños de Molgas 


Benvida do Director do SEI San Narciso, Antonio Traba.




Palabras do Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Presentación do Proxecto do Coordinador do ENDL 


Intervención do Presidente da Real Academia Galega 



Falando da Toponimia de Marín. (Aula de Teatro San Narciso)

Un momento da representación dos alumnos/as de 2º da ESO

Saúdo final da representación. 






Presentación do Proxecto no Museo Torres 

Charla sobre Galicia Nomeada de Vicente Feixóo












mércores, 21 de abril de 2021

Como descargar o meu cadrante?


Para sumarte ao reto comeza por localizar nun plano os topónimos que ti coñeces. Como?

 1º Localiza na lapela IMAXE  cal é o cadrante que desexas descargar (por exemplo: onde vives ti ou os teus avós, bisavós ou bisavoas...)


 2º Logo vai á lapela CADRANTES e escolle o que queiras descargar. Por exemplo o E1 ou o D3. Podes descargalo clicando no que queiras. Espera un momento para que se descargue a foto antes de imprimila.


3º Agora que o tes descargado e impreso xa podes preguntar aos teus maiores na casa cales son os topónimos que coñecen usando ese plano.  Despois debes ir colocándooos no plano (mellor pintando números nunha cor que se distingan ben sobre o papel)  e á vez elabora unha listaxe cos números e os nomes dos topónimos sinalados no plano.  Finalmente trae o teu plano a clase para podelo sumar ao reto de recoller e localizar 1000 topónimos de Marín .  

sábado, 17 de abril de 2021

LISTAXE DE TOPÓNIMOS

 

IV- ÍNDICE (Do libro Toponimia de Marín de Elixio Rivas Quintas) 

Elenco de topónimos por lista alfabética (números da entrada ao artigo correspondente; entre parénteses indican máis dun topónimo).

A

Abade, 406

Abeiras, 70

Ableira, Abeleiral, Abeleiras, Abelendo, 101

Abeneiral, Abineiral, Abineirales, Abineiro, 104

Acibal, Acibos, 102

Adreo, Adro, 407

Agolvada, 64

Agosoterra, 63

Agramuíña, 257,320.

Agrela (2), 257

Agrelal, 185

Agrelongo, Agrolongo 238,257

Agro (2) 257

Aguasanta, Aguasenta, 63

Agudelo, 213

Aguiunchos (2) 186

Aira (2) 293

Alargo,214

Albán, 1

Abaral,Albarás, Albaraz, 1

Albeiro, Albeiros 215

Aldea (2) 258

Alén 216

Almuíña (2) 259

Alvite, Alvites, Alvito 357

Alvitro, Alvitros 357

Alxán 358

 Allarises, Allariz 359

Ameal 104

Ameixeira 203

Ameneiral 104

Amieiro(4) Amineiro 104

Amoladoiros 42

Angulán 360

Ancide Anside 361

Aniñada 202

Ansón 362

Ansuela 79

Anta, Ante 260

Antecarballos 115

Anxuíña 79

Anzón 362

Arcada, Arcade 261

Arcas, Arcos 261

Ardán 363

Area (9) 2

Arealonga 2 238

Areíña 2

Areosa (2) Arieiro 2

Armada 262

Armenteira, Armenteiras 187

Arna 65

Aro, Aros 66

Arqueira, Arquiña, 261

Arrabalde, 365

Arriba 93

Arrieiras 94

Arrolo 67

Arrufana (2) 105

Asibros 102

Asna 65

Asperela 217

Asperosa, Asperosas 217

Atalaia 263

Atáns 365

Auriseira 157

Avea 106

Avesadas 355

 

B

Baceliño, Bacelo 108

Badín 406

Baguín 366

Baliñas 60

Baños 68

Bar 3

Barbada, Barbadas 107

Barbela, Barbelas 107

Barbudo 4

Barco 7

 Bareiros 3

Barcia(2) Barcias 69

Barreal, Barreira ( 4) 6

Barreiral, Barreiras ( 2) 6

Barreiriña, Barreiro (2) 6

Barro, Barros 6

Barronca(2) Barronqueiras 5

Barxiña 69

Bascuíña 23

Basel, Baseliño, Baselo (2) 108

Batán (2) Bataneira, Bataneiro 264

Beiladoiro, Beilladoiro 265

Beira, Beireses 70

Belido 367

Belosáns, Belosás (2) 109

Beloso 109

Beque, Beques 8

Bequiños 8

Berias 70

Bexe 10

Bicas 8

Bidueiros(2) 110

Bieita, Bieites, Bieitiñas 408

Bifras 193

Bilidáns 367

Bineirales 104

Bioca 329

Bíos 9

Blanco (2) 218

Bodello71

Borralliña, Borralliñas 11

Boscal, Bosque 111

Bou de Presa 71

Bouciña(2) Bouciñas 72

Boullosa 112

Bousamonín 72

Bouza(11) Bouzas, Bouzón 72 Brabo, Brabos (2) 4

Bragado, Bragas 7

Brañal, Brañeira 73

Bregaza 266

Brixel (2) 74

Bugalleiras 113

Burrifáns 12

Buracas, Buraco 219

Buraquiña 219

Burato(2) 219

Burato das Pombas 219

Busteiro, Busto, Bustos 188

 

C

Cabaleira, Cabaleiro, 189

Cabalgada (2) 189

Cabalo, Cabalón, Cabalos (2) 189

Cabazal Cabazás ( 2) 114

Cabezo (2)  Cabo (2) 220

Cabo de Vila 220

Cacha de Bustos 267

Cacha Piñeira 267

Cachada (7) Cachadas (2) 267

Cachadiña (2) Cachana(2) 267

Cacharela, Cacharolas 267

Cacheiro, Cachela Cacheta 267

Cachopeira, Cachopeiras 267

Cachupeira 267

Cadrelo, Cadro 221

Caeiras, Caeiro 222

Calacual 114

Caldorras 49

Calzada (3) 268

Cambadiña, Cambeiro 13

Cambeiros, Cambesa 13

Campo (8), Campelo (2) 269

Campeiros, Campina, Campina 269

Campiño (2) Campiños 269

Campodeira 269, 293

Campolongo 238 269

Campón 269

Campos, Camposa 269

Can, Canadeiro 270

Canabal, Canabás 270

Canabeiral, Canabido 270

Canasto 270

Cancela(2) Canceliña (2) 271

Cancelo 271

Candal (2) Candóns(2) 14

Canexa 270

 Caniña 270

Canizo (2) 270

Canle, Canles, Canliña 270

Cano(2) Canos(2) 270

Canteira, Cantiño, Canto 15

Cantodarea 2, 15

Caño, Caños, Cañota Cañoto 270

Carballa, Carballal (2) 115

Carballas, Carballeira(3) 115

Carballeiral 115

Carbela 115

Carballiño Carballiños(2) 115

Carbalo(2) Carballosa(2) 115

Carballido (2) 115

Caritel 272

Carneiras 16

Carraceiras, Carracelas 116

Carrascal, Carrasco 117

Carrasqueira (2) 117

Carregal, Carregala 16

Carrumeiro 16

Carreira, Carreiriña 273

Carreiriño, Carreiro 273

Carreteiro 273

 Casa (2)  Casal (2) Casás(2) 274

Casarellos 274

Casa d´Area 274

 Cascallal, Cascalleira 17

 Casela, Caseliña, Casiñas 274

 Castañal (2) Castaños 118

Casteliño , Castelo (2 ) 275

 Castiñeira, Castiñeiral 118

 Castiñeiras 118

Castiñeiro (2) Castiñeiros 118

Castrelo, Castro (2) 275

Catadoiro 26

Cavada, Cavadas (2) 276

Cavadiñas 276

Cebola, Cebolal 120

Cebolas(2) Ceboleira 120

Ceñas 277

 Ceo 18

 Cepeda, Cepo 121

Cerca (2) 278

 Cerdeiral, Cerdeiras 119

 Cereceira 119

Cereiixal, cerdeiras 119

 Cernadas(2) Cernadiña 279

 Cernello 19

Cerqueiral, Cerqueiras 122

Cerqueiro, Cerqueiros 122

 Cerquiño, Cerquiños 122

Cerradiño (2) Cerrado 280

Cerradoiro 280

 Cerro, Cerros 280

 Cerva 190

 Cidrás 123

Circundado (3) 278

 Cocheira 223

Cochiño (5) Cochiños 223

Cocho (13) Cochos (5) 223

Cochopidre 223

Codesal, Codeseira 124

Codiseira 124

Coiñadoiro 23

Coira, Coiras 20

 Coirados 281

Colado 21

Colbeiras 32

Comareiro, Cómaro 22

Comba 13

Con(7) Conciño 23

 Conda (2) 368

Congosta (3) Congrosto 282

 Cons 23

 Cores, Coruto (2) 20

 Cornellos 24

 Cornide, Cornido 24

 Cornipinelo 24, 53

Corredoira 283

 Córrego, Corrigueira (2 ) 75

 Curgueira, Curgueiras 75

 Cortellas, Cortellos 284

 Cortes 284

 Corticeiras (2) 125

Cortiña (2 ) Cortiñal 284

Cortiñeiro, Cortiñolo 284

 Cortizos 125

 Coruxa, Coruxas 25

Coruxeira, Coruxeiros 25

Corzo 191

 Cospiñeiro 53

 Costa (7) 224

Costalbán 1. 224

Castaneira, Castañeira 224

Costariza 224

Costeira, Costiña(2) Costiñas 224

 Coteiras, Coteiro 26

 Coteliña, Cotiño, Coto (2) 26

 Cova ( 5) 225

 Covaloureira 145 225

 Covas( 3) 225

 Coveliña, Covelo Covelos 225

 Covellón 225

 Coviña(3) Coviñas (2) 225

Covos ( 2) 225

Crebadoiro(2 ) 226

Cregas, Crego (5) 409

Crogeiral 25

Crongosta 282

Cruceiro (3) 410

Cruixal 25

 Cruxa, Cruxeiras (2) 25

Cruz (6) 410

Cudiseira (2) 124

Cudurneiro 27

Culartes 227

Cunchidos, Cunchiña 223

Cuña, Cuñiña 23

Curuxeira 25

 Currás (2) Curro 285

Curticeiro 125

Curtilliños 284

Curtiña, Curtiñas 284

 Curxeira 25

 Cuspedriños 23

Cuvaliña(2) 225

Cuvela, Cuveliñas 225

 

CH

Chada 28

Chamiceira, Chamiciña 286

Chamiso 286

Chamo 369

Chamorra 286

 Campás 269

Chan (13) 28

Chanca 287

Chandesar, Chanfrade 28

Chan Peneda 28, 53

Chans (4)  Chansiña 28

Charramuscas 286

Charrosal,Charrozal 267 340

 Charrúa (2) Charruada 288

Chau 28

Chirléu 192

Choca, Choquieros 76

 Choupana 289

 Chousiños Chouso 290

 

D

Derradeiro 167

Derramadas 166

Devesa (10) Divisiña 291

Dona, Donas 370

 

E

Eidón (2) 292

Eigrés 411

Eira. Euiracedra 293

 Eira Vella, Eiras Vellas 293

 Eiriña 293

 Engorbas 32

Entallada 253

Entenza ( 2) 294

Entrerríos 94

Entrevalos 353

Enxido (2) 295

Ervillal 126, 409

Escardás 127

Escorregadoiro (2) 283

Escorregadouro 283

Escovas de Livón 64

Esgolfe 375

Esmolares151

Espadaneira, Espadeira 128

Espadenal 128

Espedrada, Espedregada 52

Espedregal 52

Esperela 217

Espiñeiro, Espiños 129

Esqueiriño 296

Esqueiro (2) Esqueiros 296

Estaquelos 299

Estibada 297

Estreito 130

Estremadeira 300

Estrepeiro, Estrepeiros 131

Estrepias 131

Estripeiral, Estripeiriño 131

 

F

Fabarizas 132

Faneiga 301

Fanteira 133

Farido 302

Féberos 193

Fentañ, Fenteira, Fenteiriña 133

Ferrado 303

Ferro de Arado 303

Ferrux, Ferruxeiro 303

Fiel 134

Figeuira, Figueiral 135

 Figueiras(2) 135

 Figueiriña, Figueiró 135

 Filgueira, Filgueiras 133

 Fixón 228

Flaira 412

Fofiño Fofios 371

Folladiña 136

 Fondo(2) Fondra 229

Fonfría, Fontaíña 77

 Fonte (25) Fontano Fontáns 77

 Fontela, Fontiñas 77

 Forca, Forcada, Forcado 230

Foreiros 304

Formarís 372

Formigoso 194

Fornaco, Forniño 305

Forno, Fornos 305

Foxo (2) Foxonobal 228

Fracha 231

Frade(3) Frades, Frádiga 412

Fragadoiro 138

Fragas, Fragattiña 138

Fragueiro, Fraguida 138

Francelín 373

Frans 374

 Freiría Freiriña 412

 Freixa (3) Freixiña 231

 Freixo 137

 Furada 232

 Fuxiño (2) 228

 

G

Gagán 29

 Gaiva, Gaivas (2) 30

Gaiola 30

Galgas 233

 Gándara, Gandra 31

Gando 195

Gardadiñas 234

Garita 308

Gatañeira 196

Godalleira 71

Golbeiras, Gorba Gorbas 32

 Golfe 375

Gorbas 32

Gorgas (2) Gosgoso 78

Gorgueira, Gorgullón (6) 78

Gorita 308

Gramoíño 257

Grandal 31

Granxa(3) Granxas 306

Granxiñas 306

Graña 307

Grilo 185

Graba 32

 Gudín 376

Guielas186

Guimarel 377

Guimeráns 377

 

H

 Hardade, Hardeira (2) 309

 Herdadiñas, Herdeiro 309

Horta(3) Hortas 310

Hortiña 310

 Hospital 413

 

I

Illa d´Eidón 79

Illa de Santo de Mar 79

Inferniño, Inferniños 235

 Infernos 235

 Infesta, Infestas 236

Ingorbas 32

Insidiño 295

 Insua(3) Insuas 79

 Insuela 79

 

J

Jolovada, Jolvada (64)

 

L

La de Boi, La Mo 33

Labandeira 88

 Ladeiras 237

Ladrido 237

Ladróns, Ladrós 378

 Lagar, Lago 80

Lagarto, Pedra do- 205

Lagoa(2) Lagoas 80

Lagoeiro, Lagoíña 80

Lagos 80

Lagugheiros 80

Laguiño, Laguiños 80

 Lagunta 80

Lama Trema, Lameira 81

 Lameiriña 81

Lameiro (2) Lameiros 81

Ladeira 34

 Lapela, Lapido 35

Laranxeira 139

Laranxo (3) Laranxos 139

Largota 214

Lás 33

 Lás Peladas 33

 Latas, Latiña 140

 Lax, Laxe (4) 33

Laxes, Laxiñas 33

 Lavadoiro, Lavadouro 311

 Leira (5) Leiras 312

Liriñas, leirona 312

 Leituga 141

 Lerido 312

Lesteiro 142

Levón(2) 64

 Limoeiros(2) 143

 Liñares, Liño 144

 Livón (2) 64

Lobeira 197

Lobío 313

Locencias 83

Lodeiro(2) 82

Loguiño 81

Loira(3) Loiriña 36

Lomba, Lombeiro 37

 Lombiño, Lombo 37

Londra, Londres 238

Longariñas, Longras 238

Losteiro 142

Loureiro 82) Loureiros (2) 145

 Loureiriña 145

Lucencia 83

Lume, Lumieira 314

 

M

Maceira(2) Maceiral 146

Maceiras(2) 146

 Maceriñas, Macenlle 146

Machado 314

Maduriño 38

Maesas 379

Magáns 380

Magoriño 43

Mal do Con 39

Malvidiño, Malvido 147

Mamuela. Mamuelas 316

Manga, Mangarella 239

 Mango 239

 Mar Derradeiro 163

 Marco(3) Marcos(2) 317

Mariamanta 414

Marín 381

Marqués 317

Marquiño 317

Marrodríguez 382

Martiza, Martizas 383

Martiñas 383

Masaroca 318

Masía(2) Masías 384

Matadoiro 148

Mato, Matogal 148

Mato do Castro 148, 275

Matos, Matixán 148

 Mazacravos 318

Mazadoiro, Mazadouro (2) 318

Meán240

 Medanela 38

Meira, Meirán (2) 84

Meixoeiras 103

Meixón Frío 86

Melendreiro 149

Melendros 101

Meneses 319

Menguello 239

Menxión 415

Mesa 40

 Mescosa, Mescoso 200

 Mestas 40

 Mexa,  Mexacadal 86

Mexiña Mexiñas 40

Mide 385

Migallotes 241

Millarada, Millarela 150

Millo(2) 150

Mimáns 386

Mina(3) Minada 319

Mineiral Miniña 319

Miñalbeira 320

Miñán, Miñosa 41

Miñoteira 199

Miñoto, Miñotos 199

Miranda 87

Mo(2), Moa( 2)  Moas 42

Mocelo, Mogor, Mogos (2) 43

Moíño (4) 320

Molar. Molaredos 151

Molares, Molarias (2) 151

 Molariñas (2 ) 151

Moledo (2) 44

Mondelos 45

Mondevesa 46

Moneca, Monequiñas 45

 Monín 45

Monte(5) 46

Montecelo (2) 46

Monteiros 46

Monteporreiro(2) 46

Monterrón, Montesiñas 46

Monzarrón 46

 Moñezas 45

 Moradela, Moaradiñas 47

Morea, Moreira 47

Moricotes 47

Moredóns 38

Moscosa, Moscoso(2) 200

Mosteiro 416

Moterrón 48

Moucho 201

Mouguiño 43

Moura(2) Mouriñosa 47

Mourisco 47

Mouro Morto, Mouros 47

 Mouta(2) Moutas 48

Mouteira 48

Mulariñas 151

Mundín 387

Muruxeira. Murxeira 152

 

N

Nabal(2) MNabales 153

Nabaliño(2) 88, 153

Naballiños. Naballos 88

Nabeliño 88

Nadal 417

Negredo 242

Neibó 88

Neira 89

Neixal 154

Nespereiros 155

Nigrelas 242

Niñada, Niñeiros 202

 Niño do Corvo 202

Niño do Mar 2020

Nogueira. Nogueiral (2) 156

Nogueiras(3) 156

 Nores 89

 Nova (2 ) Novás 321

Novexil 388

 

O

Ola 244

Ollal, Ollo (3) 243

Omil 389

Orrío 49

Orseiros 157

Orxal 154

Oubeiras, Oubiña, Oubiñas 215

Ouresal, Ouriseira 157

Outeiro (25) Outeiriño(2) 50

Outón, outorelo 50

Ovellas, Ovilleira 203

 

P

Padraín, Padriñán 390

Padrón (2) Padrón do Valo 52

Palamio, Palamios 322

Palmás 391

Palomar (2) 206

Pallal, Pallavelo323

Palleiros, Palletada 323

Palloza 323

Pamigés 392

Pan, Panciegas 160

Panuda 160

Paramos 51

Pardacanle 270

Parda cuña 23, 52

Pardavila 52, 356

 Pardeia 293

Pardiñas, Pardiñeiro 324

Parredonda 52, 250

Parrochas, Parrón 159

Pasales, Pasás 325

Pasaxes 325

Pasos 327

Pastoriza (2 ) 326

Paxareira, Paxareiras 204

 Paxareiro 204

Pazo (4)  Pazos 327

Pedebal 162

Pedra (11) 52

Pedraguda 213?

Pedra Cabalgada 52

Pedra Coitelo 52

Pedrachanfrada 52

Pedra da Posa, Pedra de Cima 52

Pedra de Chan Grande 28, 52

Pedra do Con, Pedra Dona 52

Pedraguda 52

Pedralonca, Pedralonga 52

Pedra Maseira, Pedra Quebrada 52

Pedra Rubia 52

Pedra Xesteira, Pedras 52

Pedras das Mulleres 52

Pedregal, Pedregullo 52

Pedreiras (2)  Pedreiriñas 52

Pedriña de Tanger 52

 Pedriñas 52

Pedrós 52

 Pedroso 52

Pedrullo 52

Peiráu 52

Peizás 160

Pelado, Pelados 322

Pelagartos 52, 205

 Pelamio 322

 Pena, Penedo Pequeno 53

Penelas, Peneliñas 53

Penizas 53

Pereira, Pereiras 161 Pereiriña(3) Pereiriñas 161

Pereiriño, Pereiriños 161

Pereiro(2) Rereiros(2) 161

Peroxa 52

Peso 245

Pesqueira (2) 328

Peta o Chan, Peteiros 54

Petelo, Petóns 54

Peza (2 ) Pezas 246

Pía(4) Pío 329

Piaderrón 250

Picotes, Picoto 8

Picho 8

Pidra, Pidre 393

Piedra Longal 52

Pinela 53

Piñeira, Piñeiro 53

Pingueira, Pingui Pingui 245

Pión 329

Pirulo 161

Pitanxo 54

Piuqueira 329

Pluma Grande 163

Pociño 90

Podebal 162

Polambos 322

Pomadalbo, Pomardalbo 163 394

Pomardalgo 163, 394

Pomar de Campo 163

Pomares (2) Pomariños 162

Pomariza 163

 Pombal, Pombas 206

 Pombeiras 206

 Ponte (6 ) Pontillón 330

Pontiña 330

 Porco (2 ) 207

Pornadalgo 163 394

Pornedo 164

Porreiro (2) 165

Porros 165

 Porta(2) Portela(3) 331

Porteliña, Portelo 331

Porto(2) Potecelo 331

Portosobreiras 331

Posas 90

Poso (2) Poso da Criba 90

Posogrande 90

Pousiña, Pousos(3 )  332

 Poza, Pozo, Pozo d ´Albitrio 90

Pozo Negro 90

 Pradacanle, Pradeiras 333

Pradiños (3 ) Prado (6 ) 333

Pradolongo 238, 333

Pran de Souto 33

Presa (6) Presiñas 334

Presas 334

Promadalbo 163, 394

Puñmar (2 ) Pumares 163

Pumavellos 163

Puntillón 330

Purgazal, Purgazales 247

 

Q

 Queimada 335

Quende 336

 Qunella 270

Querbada 226

 Querengosta 282

Quintán Quintana 337

Quinteiros 337

 

R

 Rabalde 365

Rabela Rabeleiros 248

Rabelongo, Rabo (2) 208, 248

Ramallal, Ramallales 166

Ramalleira, Ramallos 166

Ramallosas 166

Ramezás 400

Ramos 166

Raña, Rañiña 249

Raposa, Raposo (2) 208

Raposeiras (2) 208

Rebón 94

Rebouza 72

Recamán 395

Recille 397

Redollo 167

Redón, Redonda (3) 250

 Redondales, Redondelo 250

Redondiña, Redondo (5) 250

 Rega(2) Regadantes 91, 260

Regadiña, Regadouro 91

 Regas, Rega Xesteira 91

Regato 92

Regueira(2) Regueiras (2) 92

Regueiro (2 ) 92

Rego d´agua, Rego de Padacuña 92

Reguiña 91

Rei (3) Reina 396

 Reibosa, Reigosa 168

 Relán 399

Remesás 400

Remiñoto 94

Resille 397

Resío (3) 338

 Resteba, Restibeira 298

Rexesteira 91, 183

 Rial(2) 396 Ribalta 93

 Ribas Chans 93

 Ribeira ( 6 ) Ribeiro 93

 Ribeiriño 93

 Ricón 23, 94

 Rieira, Rieiras 94

 Rigueira da Cuña 92

Rigueyriño de Su Rejo 92

Río, Ríos(3) 94

 Rocín, Rociña 340

Rodín 398

 Rodopidre 393

Roibal (2) 251

Rolán 399

 Rollo (2 ) 339

 Romesás, Romezás 400

Rosa, Rosal (2) 340

Rosín Rosiña 340

 Rotea (3) 340

Rousida 338

Rovello 94

Roza, Rozal 340

Rúa Nova 341

Rubiñas 251

 

S

Sabarigo (2 ) Sabarís 401

Sabugueiro 169

Saíd, Saíde 342

 Salcidos 170

 Salgueira (3 ) Salgueiral 170

Salgueiro, Salgueyriña 170

Salobeiro 197

DSalido 342

Sameiro 55

Samondela, Samonís 45, 343

Sancorno 418

San Cremenzo 419

San Dego 420

 Sanguiñal, Sanguiños 171

Sanín 402

Santomé 421

Santradán 422

San Xián 423

Sar (2) 95

Saramonís 343

Sarás 61

 Sardiña 95

Sarguiñas 170

 Sarridos 62

Satalaia 263

Seara, Searo 343

Sebes 344

Seca, Srqueiros 252

 Sequelo 252

 Seixal, Seixiñal 56

Seixo 56

Senra 343

 Serpa 209

Serra 57

 Serradiño 280

Serraseca 57, 252

 Silbares 172

 Silveira, Silveiral 172

 Silvestre 172

 Silvosa 172

 Soagro 257

 Soaxe, Soaxeira 173

Soaxoso 173

 Sobaleira 312

 Sobradiño 345

Sobral, Sobreira (2) 174

 Sobreiras (2) Sobreiriñas 174

 Sobreiros 174

 Sobrefrancelín 373

Sobrepalla 323

Sobre riba 93

 Sobrevila 356

Sobrido, Sobroso 174

Soeidón 292

Sorrego 92

Sorretas 340

Soutiña, Soutiño (3) 175

 Souto (16) Soutos, Soutullo 175

 Suaigrés 411

Suapresa 334

 Suaquintana 337

 Suatorre 352

 Suaviña, Suas Viñas 181

Subarcias 69

 Sunbareiro 174

Sucos 346

Sudeira 293

Suortiñas 310

Sureira 210

 Surrego 92

Sutalaias 263

Suvalos 353

Suvidá 347

 

T

Tafona 348

Talliño (2 ) Tallos 253

Teixugueira (2 ) Teixeguos 211

 Texugueiras, Texugueiras (2) 211

Tella, Telleira  349

Telleiros 349

Teoira(2) Teoyriña 96

Tercias 350

Tobales (2) Tobo 254

Toedo, Toeira 254

 Tomada (10) Tomadiña 2) 351

 Tombiño, Tombo (5) 58

Torna, Torniños 97

 Torno Tornos( 2) 97

Torre (6), Torriña 352

Toubo 254

Toupas, Toupeira 212

 Toutizo 59

 Toxal (2) Toxeira 176

 Toxedo, Toxeiriña 176

 Toxo Molario 176

Trabes (2 ) 177

Traleira 312

 Trambalasaguas 63

Tras do Río 94

 Trebiscal 179

Trema, Tremeciña 98

Tremeliño 98

Trepeza 131

 Trigás(2) Trigo 178

Tropezal 131

 TRubiscal 179

 TRumeliño 98

 Tuxeira, Tuxiño 176

 

U

Ulleiro 243

Urxeira 158

 

V 

Vado 99

Val (4) 60

Valada, Valadiña 353

Valadiño, Valado 353

 Valbón 60

 Val de Mosqueira 60, 200

 Val do Asno 353

 Valdorizas, Valiñas (3 ) 60

Valongueiro 60

 Valo (5) Valón, Valos 353

 Vandorices 60, 157

 Vao 99

Veiga (4 ) Veiga da Vila 100, 356

 Veigadeira (6) 100 293

Veigas ( 3 ) 100

 Veiguiñas 100

 Verde, Verdeal 255

 Verea 354

 Vermello 256

 Vesada (3) Vesadiña 355

Vide, Videira 180

 Vilafíns, Vilafís, Vilafiz 356, 403

 Vilanova 356

 Vilar, Vilariño 356

 Vilaseca 252, 356

 Vilaverde 356

 Viñal (2) Viñas 181

 Viñas Brancas 181

 Viñas Perdidas 181

 Viñina, Viñó 181

Viveiro 182

 Vrea (3 ) 354

 Vreas 354

 

X

Xabral 61

 Xandeira, Xan de Neira 28

 Xan Souto 28

 Xarás 61

 Xermade 404

 Xesta (2 ) Xestal (2) 183

 Xestales, Xestaliño 183

 Xesteira (2) Xesteiriña 183

 Xestiñas, Xestoso (2) 183

 Xovello 405

Xuncal, Xuncaliña 184

 Xungal 184

 Xuvín, Xuviño 405

 

Z

Zapal(2) 121

 Zarranquiña 280

Zarridos 62

 Zorretas 340

 Zureira 210.